Inventario de Campás

San Cosme de Antes - MAZARICOS (GALICIA)

(Referencia: 11906)

Data de construción Idade Moderna
Descricion O templo presenta unha planta de salón dividida en catro tramos por arcos faixóns e soporta unha bóveda de canón. Entre os faixóns dispóñense os lunetos. A capela maior con resalte no muro exterior cóbrese cunha bóveda de crucería con nervios con cinco claves. No interior aparece un gran retablo tallado en granito, dividido, no seu primeiro corpo, en tres panos. O central acubilla o sagrario e a ámbolos dous lados, as imaxes de San Cosme e San Damián. No segundo corpo ofrécenos unha única fornela rematada por un frontón triangular e con volutas rampantes a ámbolos lados.
Un coro alto presenta un balaústre de pedra artificial que substitúe á antiga balaustrada de madeira.
No Exterior a fachada organízase de forma xeométrica con porta de luz vertical, enmarcada por grosos baquetóns, van rectangular de luz e unha espadana de dous corpos que remata o conxunto engadida no século XX. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxar ás campás. O segundo aparece un frontón triangular curvado cun pequeno oco tamén de medio punto flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado no seu centro con outro pináculo moldurado coroado cunha cruz de forxa sobre a bóla desta.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO, Xosé / Patrimoniogalego.net (23-08-2013)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 06-07-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá menor (2)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)193163145
    EspadanaCampá maior (1).LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)189080296

  • Ficha reducida (PDF)
  • MAZARICOS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 07-07-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 32 Visitants: 32 Usuaris: 0