Inventario de Campás

Ermida de San Caetano de Formigoso - BAÑOS DE MOLGAS (GALICIA)

(Referencia: 12872)
Lugar de Formigoso, 31,
32701 BAÑOS DE MOLGAS


Descricion A pequena capela de San Caetano de Formigoso posúe planta rectangular con muros de sillaría de 6,00 x 11,00 metros e cuberta de tella a dúas augas. No fronte destaca o arco de medio punto cegado sobre o que se insire a porta de acceso. Coroándoo, unha pequena espadana cun van onde se atopa a campá, apoiada sobre cornixa, e remate en cruz de pedra adornada con pequenos pináculos rematados en bolas. Ademais, remates de pináculos con bolas e ventás nos laterais.

Formigoso, queda a par de Baños de Molgas. Consérvase a tradición de ter existido aquí Casa Grande. O que non é tradición, senón realidade, é que na capela de San Caetano, padroeiro do pequeno lugar, á beira da porta frontal, hai un escudo que acaso non teña relación algunha coa problemática señorial que imos historiando. ¿Ou si? É un escudo sen cimeira, pero si empenachado de tres grandes frondas ou plumas e con macollas ó pé anoadas por flor de lis. Unha banda engolada en dragantes divide de enxergo o campo con lobo pasante a cada lado. Abranguen o escudo deica sobrepasar o xefe, dous grandes cobrós.
Poden ser armas de Garrido; o P. Crespo (Blasones, XXI, 36) sitúa ós Garrido nas Terras da Limia. Un Xoán Garrido vemos en Lodoselo a mediados do XVII, cuxo neto, Pedro Garrido, ven casar con Ana María de Nóvoa no Val do Medo, da casa de Maceda. Non falta o apelido Garrido neste Val.
Campás 1 campá.
Autor
  • GAVILANES BLANCO, José Antonio / PATRIMONIOGALEGO.NET (26-04-2012)
  • GAVILANES BLANCO, José Antonio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (08-04-2023)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 09-04-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.MURUA19594037

  • Ficha reducida (PDF)
  • BAÑOS DE MOLGAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 07-07-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 33 Visitants: 32 Usuaris: 1 - francesc